Ingredientes para 4 persoas:
- 1 Kg. de lombo de porco
- Sal
- Aceite
- Pementa
- Romero
- Soia
- Mel
- 4 Peras conferencia
Partimos longitudinalmente a peza de lombo en dúas tiras, salpimentamos.
Poñemos a lume medio unha tixola cun fondo de aceite de oliva e procedemos a selar as pezas de carne, Imos dandole a volta ao lombo ata que todas as partes da carne queden ben marcadas.
Colocamos a carne e os mollos sobrantes nunha fonte apta para forno. Collemos un cacho pequeno de gengibre e laminámolo finamente, colocamos estas láminas sobre a carne. Pelamos e cortamos as peras, repartíndoas pola bandexa entre a carne.
(Adicionalmente podemos engadir salsa de mel e soia antes de meter no forno)
Prequentamos en forno e cando estea en condicións metemos dentro a bandexa, terémolo uns 60 minutos a 170º. Máis ou menos á metade do tempo, cunha culler podemos bañar a carne cos xogos da cocción.
Retiramos a bandexa do forno e servimos a carne e as peras, bañadas coa salsa resultante.